jueves, 19 de octubre de 2017

CUOTAS MADRUGADORES CURSO 2017-18

MADRUGADORES CURSO 2017-18

As cuotas dos nenos do Programa Madrugadores para o curso 2017/18 quedan así:

FIXOS (todo o mes):  29,50 euros mensuais é obrigatorio pago domiciliado por banco.
ALTERNOS (menos de 10 días ó mes):  2,90 euros ó día, que se pagan diariamente.
MATRÍCULA  (obrigatoria): 20 euros por familia.

Recollida de impresos de matrícula nas direccións dos coles, ou na web de Madrugadores.

Madrugadores, é un programa de conciliación da vida laboral e familiar, organizado por país e nais dos Colexios “Julio Gurriarán” e “Condesa de Fenosa”, que consiste no coidado dos nenos dende as 7.15 da mañá até as 10, hora de entrada do Colexio, incluindo o almorzo e o desplazamento (con coidadoras), do CEIP “Julio Gurriarán” ó CEIP Condesa de Fenosa. (2 horas e 45 minutos diarios de atención aos nenos, cun mínimo de 2 monitoras todolos días lectivos do ano.

Local de Madrugadores:  Salón de actos do CEIP “Julio Gurriarán”

Para favorecer a conciliciación familiar temos :
MATRÍCULAS ABERTAS TODO O ANO

Mais información :
Teléfono Madrugadores (en horario de prestación do servicio):
673499272


miércoles, 6 de septiembre de 2017

COMEZO DE CURSO, 11 DE SETEMBRO

A DATA DE COMEZO DE MADRUGADORES SERÁ O PRIMEIRO DÍA DE CURSO, OU SEXA, 11 DE SETEMBRO

  HORARIO DE 7,15 - 10
OS IMPRESOS DE MATRÍCULA ESTÁN NOS DOUS COLES E EN INTERNET NESTA WEB DE MADRUGADORES


OS IMPRESOS CUBERTOS, ENTREGARANSE EN CALQUERA DAS DIRECCIÓNS DOS DOUS COLEXIOS.

miércoles, 21 de junio de 2017

GORRAS OBSEQUIO DE FIN DE CURSO PARA OS NENOS DE MADRUGADORES

Este ano regalamoslle ós nenos do Servicio de Madrugadores unhas gorras serigrafiadas co nome do servicio.
Todolos nenos que pagaron matrícula este ano que pasen polo servicio de Madrugadores para recibir a sua gorra.







FELICES VACACIÓNS A TODOS !!!!!!

lunes, 29 de mayo de 2017

RESUMEN DA REUNIÓN DE MADRUGADORES

Este é o resumen da reunión mantida cos pais-nais dos nenos de Madrugadores:

  • Entregaronse os impresos de preinscripción de madrugadores para o vindeiro curso 2017/18, estos impresos tamén están a disposición dos pais-nais nas direccións dos coles e no noso blog.
  • Explicaronse as condicións do servicio e a documentación que se debe entregar co impreso de preinscripción, (dni dos que podan recoller o neno, cartilla de vacinas, tarxeta sanitaria do neno).
  • Presentaronse as contas de Madrugadores.
  • Renovouse a directiva de Madrugadores.
  • Quedou aberto o prazo de Matrícula para o curso 2017/18.
  • A matrícula sigue en 20 euros por familia, independentemente do número de nenos
LEMBRADE QUE ADEMAIS DO IMPRESO DE PREINSCRIPCIÓN, EN SETEMBRO, TENSE QUE CUBRIR O IMPRESO QUE NOS TEN QUE DAR A EMPRESA QUE SE FAGA CARGO DO SERVICIO NO VINDEIRO CURSO

viernes, 5 de mayo de 2017

REUNIÓN MADRUGADORES CURSO 2017/18

O día 16 de Maio Martes, ás 19,45, convócase a unha reunión a tódolos pais que desexen matricular aos seus fillos no Programa Madrugadores no curso 2016/17.

Nesta reunión presentaranse as contas do curso 2015/16, e tratarase a continuidade do servicio e a renovación da directiva

 As cuotas dos nenos do Programa Madrugadores (matriculados antes de marzo do 2017), para Maio e Xuño deste curso 2015/16 quedan así:




FIXOS (todo o mes):  19,55 euros mensuais 
ALTERNOS   gratis

NOVAS MATRÍCULAS  

FIXOS(todo o mes):  29,50 euros mensuais e obrigatorio pago domiciliado por banco
ALTERNOS(menos de 10 días ó mes):  2,90 euros ó día, que se pagan diariamente.
MATRÍCULA (obrigatoria): 20 euros por familia, dá igual o número de nenos.

O Programa de Madrugadores, é un programa de conciliación da

vida laboral e familiar, organizado polos país e nais dos Colexios “Julio

Gurriarán” e “Condesa de Fenosa”, que consiste no coidado dos nenos

dende as 7.15 da mañá até as 10, hora de entrada do Colexio, incluindo o almorzo e o

desplazamento con monitoras do CEIP “Julio Gurriarán” ó CEIP Condesa de

Fenosa. Para o coidado dos nen@s, sempre hai un mínimo de duas


coidadoras dende o 1º neno que entra







lunes, 24 de abril de 2017

MATRÍCULAS MADRUGADORES PARA O CURSO 2017-18

MATRÍCULAS MADRUGADORES PARA O CURSO 2017-18


A primeiros de Maio farase unha reunión informativa aberta a todolos pais que desexen matricular aos seus fillos no Programa Madrugadores do vindeiro curso.
É moi importante a asistencia de todolos pais/nais  para a continuidade do programa.
Nela presentaranse as contas de Madrugadores do curso 2016-2017, farase a  Renovación da Directiva e daranse  os novos impresos de Preinscripción .

O Programa de Madrugadores, é un programa de conciliación da vida laboral e familiar, organizado polos país e nais dos Colexios “Julio Gurriarán” e “Condesa de Fenosa”, que consiste no coidado dos nenos dende as 7.15 da mañá até a hora da entrada no colexio, incluindo o almorzo e actividades para os nenos.






A Directiva do Programa de Madrugadores.



miércoles, 15 de marzo de 2017

GESCOR COMEZA A COBRAR OS MESES ATRASADOS

Gescor comezará a partires de hoxe, a cobrar os recibos atrasados,
farase en duas veces:
Un cobro de Setembro, Outubro e Novembro,
e logo outro co importe restante.

lunes, 6 de febrero de 2017

REBAIXA DAS CUOTAS EN MADRUGADORES

         Como as contas de Madrugadores gozan de boa saúde, comunicamos que a partires de Marzo haberá unha baixada do precio da cuota dos nenos fixos de 10 euros; Tamén haberá  outra compensación para os nenos alternos, os meses de Maio e xuño gratis para eles.
Esto é válido para todolos nenos matriculados en Madrugadores  a día de hoxe.

miércoles, 1 de febrero de 2017

RETRASOS NO COBRO DOS RECIBOS DE MADRUGADORES CURSO 2016-17

                  Este ano a empresa GESCOR, que é a que temos contratada en Madrugadores, non está pasando os recibos mes a mes como debería de ser.
                 A Directiva de Madrugadores xa se puxo en contacto varias veces con eles para que solucionasen o problema, sin éxito.
Nos seguiremos intentando que pasen os recibos cuanto antes, pero por si tardan, avisamos que vos poden cargar de golpe todolos recibos pendentes