miércoles, 8 de junio de 2016

REUNIÓN PAIS-NAIS MADRUGADORES 15 XUÑO MÉRCORES ÁS 8 DA TARDE

O Mércores 15 de xuño, no salón de actos do colexio Julio Gurriarán, (ás 8 da tarde),  faremos unha reunión para os pais interesados en matricular aos seus fillos, en madrugadores no curso 2016/17 .
Nela explicaranse os tipos  de matrícula e as condicións do servicio para o vindeiro curso
            

martes, 10 de mayo de 2016

REUNIÓN DO PROGRAMA MADRUGADORES EN XUÑO



A primeiros de Xuño, farase unha reunión do Programa Madrugadores 
para informar @s pais nais das normas e impresos para o vindeiro curso 2016-17.

martes, 12 de enero de 2016

A EMPRESA GESCOR XA PASOU A COBRO OS PRIMEIROS 3 MESES DE MADRUGADORES

A empresa que temos contratada para levar Madrugadores, GESCOR, xa pasou os 3 primeiros recibos. No banco pon "empresa de limpieza", porque tamén leva este tipo de servizos.

miércoles, 28 de octubre de 2015

NOVO IMPRESO CAMBIO ALTERNO FIXO OU VICEVERSA



Debido ao contínuo cambio de situación dos nenos, e para xestionar mellor o servicio de Madrugadores, a partir de agora, deberá cumplimentarse un impreso para o cambio de situación  dos nenos; de alternos a fixos ou viceversa.



viernes, 2 de octubre de 2015

BAIXAN AS TARIFAS DE MADRUGADORES

            Como xa sabedes o Concello de O Barco, sigue sensibilizado e colaborando con nós como todolos anos dende a creación do servizo de Madrugadores. Debido a esto, as cuotas dos nenos de Madrugadores para este ano quedan así:


FIXOS(todo o mes):  29,50 euros mensuales e obrigatorio pago domiciliado por banco
ALTERNOS(menos de 10 días ó mes):  2,85 euros ó día, que se pagan diariamente.
MATRÍCULA (obrigatoria): 20 euros por familia, da igual o número de nenos.

viernes, 18 de septiembre de 2015

XA PODEDES DESCARGAR O 2º IMPRESO DE MADRUGADORES

GESCOR, xa nos facilitou o seu  impreso de matrícula, podedes descargalo no link de abaixoLembrade que son obrigatorios os 2 impresos, os que xa fixestes o primeiro descargade só o 2º impreso  :

2 impreso para empresa gescor.

 Tamén o tedes nas direccións dos coles, ou na aula de madrugadores, (podedes recollelos ao levar ós nenos).

miércoles, 2 de septiembre de 2015